Puntogal converteuse en realidade

Nesta bitácora de ATI Galicia seguimos o progreso da iniciativa da asociación PuntoGal para conseguir que a Corporación da Interrede para a Asignación de Nomes e Números (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, ICANN) asigne o dominio de nivel superior gal para a lingua galega:

  • En abril de 2011, informando da súa iniciativa.
  • En xuño de 2011, informando que a ICANN abrira un prazo para solicitar dominios de nivel superior.
  • En novembro de 2012, informando que entre as case 2000 solicitudes presentadas, a de PuntoGal non tiña competidores polo mesmo dominio nin recibira obxeccións.
  • En decembro de 2012, informando en primicia de que á solicitude de PuntoGal correspondéralle o número de prioridade 742.
  • En xuño de 2013, informando que a ICANN aprobara a solicitude.

Agora informamos que o soño converteuse finalmente en realidade.  A ICANN delegou finalmente o dominio de nivel superior gal .  Xa se pode abrir un navegador e introducir o enderezo nic.gal (sen antepoñer o de www. que seica que xa está pasado de moda).  Polo de agora é o único, pero pronto virán máis.  Noraboa a tódolos galegofalantes e especial á asociación Puntogal pola súa labor.

Tamén dicir que o dominio de nivel superior eus para o vasco tamén entrou a funcionar no dominio nic.eus.  O catalán, que foi o primeiro dominio de nivel superior do mundo adicado a unha lingua e unha cultura, funciona desde 2005.

¿E o resto de dominios de nivel superior españois que estaban pendentes de comezar a funcionar?  Pois o único que xa está a funcionar é mango.  A solicitude de catalonia retirouse, e quedan pendentes aínda sener, movistar, lacaixa, telefonica, zara, terra, madrid, bcn, barcelona e seat.

Advertisements

Guía de canles de comunicación de ATI, Asociación de Técnicos de Informática

[Leer esta noticia en español (traducción automática, enlaces inoperantes)]
Sumario

  1. Canles públicas
    1. O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial
    2. REICIS
    3. Foros públicos
    4. Bolsa de traballo pública de ATI
    5. Soporte en liña público de ATI
    6. ATI en LinkedIn
    7. Páxina de ATI en Facebook
    8. Perfil de ATI en Twitter
    9. Perfil de ATI en Google+
  2. Canles privadas
    1. IntrATInet
    2. Novática
    3. Boletín ATI Informa
    4. Bolsa de traballo privada de ATI
    5. Listas de distribución
      1. Listas de notificación
      2. Listas de participación
    6. Soporte en liña para socios de ATI

Contido

1. Canles públicas

Son as canles de ATI cuxa información pode ser vista por calquera. Accédese a todas elas a traveso da Arañeira de Amplitude Mundial (World Wide Web).

1.a O sitio de ATI na Arañeira de Amplitude Mundial

El sitio web asociativo más antiguo de España, titulado sucintamente “[ATI]”, localízase no dominio www.ati.es. Baixo do logotipo amósanse as ligazóns para poder visualizar o sitio nos idiomas español, catalán, galego, vasco, inglés e francés: ESP CAT GA EU ENG FR, aínda que a tradución nos idiomas distintos do español non sexa completa. O sitio estrutúrase en principio nas seguintes seccións e subseccións:

Seccións Subseccións
¿Qué es ATI?
Capítulos Territoriales
Formación ATI
Noticias del sector TIC Sen subseccións
Eventos TIC
Bolsa de trabajo de ATI
RESERVADO A SOCIOS (INTRANET): Ofertas, Ventajas, Exclusivas, etc…

Como curiosidade, a sección “Capítulos Territoriales” é inaccesible directamente; pero se accedemos á subsección “¿Qué es ATI? → Capítulos territoriales“, tódalas súas ligazóns conducen a páxinas dentro da sección “Capítulos Territoriales” (non da subsección “Capítulos territoriales” da sección “¿Qué es ATI?”), e dende calquera delas é posible acceder á portada da sección.

A portada do sitio amosa catro zonas de contidos renovables, tituladas “Últimas noticias”, “Novedades”, “Twitter” e “Cursos”, ademais de ligazóns internas e externas. Imos facer un repaso de tódalas ligazóns internas, porque o sitio ten partes alleas ás seccións, ás que soamente é posible acceder dende estas ligazóns da portada.

Baixo das ligazóns de idiomas temos as seguintes ligazóns:

Ligazón Destino
Ventajas ATI

¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI → Ventajas y servicios para socios ATI

¿Qué es ATI?

¿Qué es ATI?

Grupos de trabajo

¿Qué es ATI? → Grupos de trabajo e interés

Mujeres TI

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → ECWT. Mujeres TI

Intranet Socios Ver o apartado 2.a.

¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI → Ventajas y servicios para socios ATI → Soporte en línea de ATI

Acceso ao sitio de ATI para cursos, un procurador 2.0 de cursos de Tecnoloxías da Información en páxina aparte.

Á dereita das ligazóns de idiomas temos estas outras ligazóns en forma de lapelas:

Ligazón Destino
Inicio Páxina de inicio
Cursos Formación ATI
Noticias Noticias del sector TIC
Eventos Eventos TIC
ECDL

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → CEPIS. Presencia en Europa → Acreditaciones → La certificación ECDL en España

EUCIP

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → CEPIS. Presencia en Europa → Acreditaciones → La certificación EUCIP en España

Novática

¿Qué es ATI? → Novática y otras publicaciones

REICIS

¿Qué es ATI? → Grupos de trabajo e interés → Calidad de Software → Revista Electrónica REICIS

Na marxe dereita baixo estas lapelas temos outras ligazóns en forma de iconas:

Ligazón Destino

¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → CEPIS. Presencia en Europa → Acreditaciones → La certificación ECDL en España

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → CEPIS. Presencia en Europa → Acreditaciones → La certificación EUCIP en España

NovATIca: página inicial en la web pública de ATI (Páxina aparte, remanente dunha anterior versión do sitio)

¿Qué es ATI? → Grupos de trabajo e interés → Calidad de Software → Revista Electrónica REICIS

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → ECWT. Mujeres TI

Na parte superior da páxina temos a ligazón para acceder ao aplicativo de correo electrónico (webmail) dos socios e as seguintes ligazóns:

Ligazón Destino

Accesibilidad

¿Qué es ATI? → Estatutos y documentos → Documentos de Interés → Características y accesibilidad del sitio web

Mapa del sitio

Lista de seccións, subseccións, e páxinas do sitio

Centros FP

¿Qué es ATI? → Centros de Formación Profesional

Socios institucionales

¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI → Socios Institucionales de ATI

Publicaciones

¿Qué es ATI? → Novática y otras publicaciones

Bolsas de Trabajo

Bolsa de trabajo de ATI

Foros

Foros públicos – ATI / Novática (Aplicativo phpBB)

Asociarse

¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI

Contacto

¿Qué es ATI? → Contacto

GLOSARIO INTERNET

ATI: Glosario de Internet, página de acceso (Páxina aparte, remanente dunha anterior versión do sitio)

KIOSKO PLURAL

¿Qué es ATI? → Grupos de trabajo e interés → Temas de Actuación de Grupos de Trabajo → Informática y medios de información → Quiosco Plural

Na marxe dereita, temos unha lapela coas organizacións internacionais perante as que ATI é representante, e ligazóns que conducen a páxinas onde explícase isto:

Ligazón Destino

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → IFIP. Organización internacional

CLEI

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → CLEI (Centro Latinoamericano de Estudios de Informática)

¿Qué es ATI? → Presencia Internacional → CEPIS. Presencia en Europa

Na marxe inferior da páxina amósanse iconas con ligazóns aos seguintes sitios:

Ligazón Destino

Grupo de ATI en LinkedIn

Páxina de ATI en Facebook

Perfil de ATI en Twitter

Subscrición ás novas de ATI

1.b REICIS

Tal como explícase no apartado 1.a (O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial), dentro da sección ¿Qué es ATI? e da subsección Grupos de trabajo e interés temos a páxina Calidad de Software → Revista Electrónica REICIS. REICIS é a Revista Española de Innovación, Calidad e Ingeniería del Software. Conta cun total de 24 números publicados, o mais recente con data de abril de 2012. A súa páxina no sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial é [ATI] | Revista Electrónica REICIS, localizada no enderezo http://www.ati.es/spip.php?rubrique234.

1.c Foros públicos

Tal como explícase no apartado 1.a (O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial), a cabeceira do sitio inclúe a ligazón Foros, que conduce a un foro xestionado polo aplicativo phpBB con seis temas diferentes, localizado no enderezo http://www.ati.es/foros. A mensaxe máis recente publicada é de maio de 2009.

1.d Bolsa de traballo pública de ATI

Tal como explícase no apartado 1.a (O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial), a cabeceira do sitio inclúe a ligazón Bolsas de Trabajo, que conduce á sección Bolsa de trabajo de ATI. Nesta sección está dispoñible a ligazón Accede a la bolsa de trabajo pública de ATI, que conduce á Bolsa de traballo pública de ATI, localizada no enderezo http://www.ati.es/spip.php?rubrique9. Este bolsa permite aos traballadores ler, e aos empresarios publicar, ofertas de emprego.

1.e Soporte en liña público de ATI

Tal como explícase no apartado 1.a (O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial), a portada do sitio inclúe a ligazón Soporte en línea ATI, que conduce á páxina ¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI → Ventajas y servicios para socios ATI → Soporte en línea de ATI. Nesta páxina está dispoñible a ligazón No soy socio de ATI, que conduce ao formulario de soporte en liña público, localizado no enderezo http://glpi.atinet.es/front/helpdesk.php. Este formulario permite a calquera usuario introducir unha petición de soporte técnico, que naturalmente terá que ter relación con algún dos servizos de ATI.

1.f ATI en LinkedIn

Dentro do portal profesional LinkedIn, ATI conta co grupo Asociación de Técnicos de Informática, localizado no enderezo http://www.linkedin.com/groups/Asociaci%C3%B3n-T%C3%A9cnicos-Inform%C3%A1tica-87964. Actualmente forman parte del 2.232 membros. Tamén ten a páxina Asociación de Técnicos de Informática, con 494 seguidores.

1.g Páxina de ATI en Facebook

Dentro da rede social Facebook, ATI conta coa páxina Asociación de Técnicos de Informática – ATI, localizada no enderezo https://www.facebook.com/asociacion.tecnicos.informatica. Actualmente gústalle a 584 usuarios de Facebook.

1.h Perfil de ATI en Twitter

Dentro da rede social Twitter, ATI conta co perfil ATI Informática, localizado no enderezo https://twitter.com/ati_informatica. Actualmente ten 3.451 seguidores.

1.i Perfil de ATI en Google+

Dentro da rede social Google+, ATI conta co perfil Asociación de Técnicos de Informática – ATI, que conta con 31 seguidores.

2. Canles privadas

Son as canles de ATI cuxa información está restrinxida aos socios.

2.a IntrATInet

Tal como explícase no apartado 1.a (O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial), a portada do sitio inclúe a ligazón Intranet Socios, que conduce a outro sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial, localizado no enderezo https://intranet.ati.es/. Este sitio non é público senón que está restrinxido aos socios. O acceso á IntrATInet esixe identificador e contrasinal, que o socio recibe cando dáse de alta. A IntraATInet está estruturada en seccións, de xeito semellante ao sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial. As súas seccións son as seguintes:

2.b Novática

Tal como explícase no apartado 2.a (IntrATInet), dentro da IntrATInet temos a sección Novática (acceso completo). Novática é a Revista de la Asociación de Técnicos en Informática, decana das revistas informáticas españolas, co seu número 0 lanzado en 1974. Conta con 226 números, o máis recente con data de setembro-outubro de 2013. Orixinalmente en formato impreso, e durante un tempo tanto en formato impreso como dixital, na actualidade existe soamente en formato dixital. O seu acceso está restrinxido aos socios de ATI, é por iso que tense que acceder a ela a traveso da IntrATInet . Novática publícase bimestralmente, e as súas seccións son Bloque Editorial, Noticias de CLEI, Noticias de Cepis, Noticias de IFIP, Monografía, Secciones Técnicas, Sociedad de la Información, e Asuntos Interiores.

2.c Boletín ATI Informa

O Boletín ATI Informa é un boletín remitido por correo electrónico con información de interese para os socios.  Tal como explícase no apartado 2.a (IntrATInet), dentro da IntrATInet temos a sección Boletín ATI Informa. Nesta sección está dispoñible a ligazón Alta en lista Socios ATI para recibir las informaciones de la asociación (27/11/2013), onde é posible para os socios con acceso á IntrATInet facilitar o seu enderezo de correo electrónico para recibir o boletín. Atención: a diferenza do resto de formularios da IntrATInet, este formulario é procesado por un servizo con sede nos Estados Unidos e a protección de datos non é a mesma que en Europa.

2.d Bolsa de traballo privada de ATI

Tal como explícase no apartado 2.a (IntrATInet), dentro da IntrATInet temos a sección Bolsa de trabajo (reservada al socio). Nesta sección está dispoñible a ligazón Bolsa de trabajo privada (acceso reservado a los socios), que conduce á Bolsa de traballo privada de ATI, localizada no enderezo https://intranet.ati.es/jobs/. Este bolsa permite aos traballadores ler, e aos empresarios publicar, ofertas de emprego.

2.e Listas de distribución

Tal como explícase no apartado 2.a (IntrATInet), dentro da IntrATInet temos a sección Listas de distribución. Esta sección ofrece acceso a listas de correo para socios de ATI. Para tódalas listas ofrécense as opcións de Consulta del histórico de mensajes en las listas e Opciones de suscripción y claves de acceso.

2.e.i Listas de notificación

Son as listas de correo cuxos membros receben mensaxes, pero non poden enviar. Se amosan las seguintes:

Na lista socios ATI distribúese, ademais de novas de ATI, o noticieiro Tecnonews.

2.e.ii Listas de participación

Son as listas de correo cuxos membros receben mensaxes e poden enviar tamén. Amósanse as seguintes:

Se selecciónase a lista Calidad del Software amósase unha páxina que di La lista gtcalidad no existe. O que sucede e que esta lista transformouse nunha nova lista, Reicis — Revista Española de Innovación, Calidad e Ingeniería del Software, que é unha lista omitida deste listado. Na versión anterior desta guía, publicada tres anos antes, xa avisábase desta omisión. O único sitio onde amósase esta lista é no sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial, concretamente na páxina ¿Qué es ATI? → Grupos de trabajo e interés → Calidad de Software, onde di ¡¡Permanece siempre informado!! Inscríbete en la lista de distribución conjunta del grupo de Calidad de Software y de la revista REICIS: accede a https://mail.ati.es/mailman/listinfo/reicis.

2.f Soporte en liña para socios de ATI

Tal como explícase no apartado 1.a (O sitio de ATI na arañeira de amplitude mundial), a portada do sitio inclúe a ligazón Soporte en línea ATI, que conduce á páxina ¿Qué es ATI? → Ser socio de ATI → Ventajas y servicios para socios ATI → Soporte en línea de ATI. Nesta páxina está dispoñible a ligazón Socio de ATI, que conduce ao formulario de inicio de sesión, localizado no enderezo http://glpi.atinet.es/. Unha vez iniciada a sesión, o aplicativo de xestión de incidencias permítelle introducir abrir incidencias novas ou saber o estado das antigas; incidencias que naturalmente terán que ter relación con algún dos servizos de ATI.

A Comunidade O Zulo organiza o seu Kernel 2013 en Mugardos

[Leer esta noticia en español (traducción automática, enlaces inoperantes)]

A Comunidade O Zulo (vaia co nome), con presenza en Facebook, Twitter e Flickr, organiza do 20 ó 22 de setembro o Kernel 2013, X Ciberencontro Concello de Mugardos, coincidindo unha vez máis co Día da Liberdade de Programación.  Como o seu nome indica celébrase no Concello de Mugardos (A Coruña), en concreto na Casa da Cultura. Nesta Bitácora de ATI Galicia xa informamos das edicións anteriores Kernel 2010, Kernel 2011 e Kernel 2012.  A asistencia ós relatorios é gratuíta, mentres que a participación no ciberencontro levando o computador ten un número limitado de prazas e un custe, que é de 8 € para socios e 10 € para non socios.

O programa é o seguinte:

Venres 20

  • 17:00 Apertura
  • 20:30 Drupal #BoF
  • 20:30 Concurso Seguridade CFT
  • 22:00 Raspberry Party

Sábado 21

  • 01:30 Campionato OpenArena
  • 12:00 Software Freedom Day 2013
  • 12:15 Relatorio: Drupal, presente e futuro
  • 12:35 Relatorio: O proxecto Debian.
  • 12:55 Relatorio: ——[Pendente de confirmación]
  • 17:00 Obradoiro Arduino
  • 19:00 CiberOlimpiada
  • 22:00 PorkoByte: CiberLaconada
  • 23:59 III Rock No Trope

Domingo 22

  • 12:00 Final Campionato OpenArena
  • 13:30 Entrega de premios
  • 17:00 Clausura

A este programa hai que engadir unha nova actividade: Troco Kernel 2013 – Mercadiño tecnolóxico.

Os seguintes noticieiros informaron da nova:

Seminario sobre emprendemento con Programación Libre en Santiago

[Leer esta noticia en español (traducción automática, enlaces inoperantes)]

O Grupo Barrán S. L., en colaboración coa Academia Athenea, organiza un seminario titulado Emprender con software libre no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar.  O seminario celébrase o 10 de setembro ás 11 h., cunha duración estimada de dúas horas.  A asistencia é de balde ata completar o aforo, previa inscrición facilitando nome, apelidos e enderezo de correo electrónico.  O programa é o seguinte:

1. Presentación da xornada.
2. Conceptos básicos:
2.1.¿Qué é emprender?
2.2.¿Qué é o software libre?
2.3.¿Qué é unha startup?
3. Empezando o camiño de emprender:
3.1.Teño una idea, ¿Por onde empezo?
3.2.¿Cómo saber se teño carácter emprendedor?
3.3.¿Con que problemas me podo atopar?
3.4.¿Cómo afrontar o inicio?
4. Puntos clave a ter en conta:
4.1.Formas xurídicas:
4.1.1. Tipos.
4.1.2. Vantaxes e inconvintes de cada una.
4.2.Trámites necesarios a realizar.
4.3.Converter a miña idea nun negocio.
5. O software libre como modelo de negocio:
5.1.Tipos de licencias libres.
5.2.Motivos para escoller o software libre para emprender.
5.3.Vantaxes e inconvintes.
5.4.Tipos de modelo de negocio con software libre, ¿Cal escoller, Bazar ou Catedral?
5.5.Requirimentos materiais.
5.6.Algúns casos de éxito.
6. Comezando a emprender con software libre:
6.1.Busca apoio de expertos.
6.2.Busca o apoio de “os do software libre”
6.3.Analiza quen é o teu público.
6.4.Busca quen son os teus clientes e vai por eles.
6.5.Estate o nivel dos teus clientes.
6.6.Ofrece ó cliente o que quere.
7. Tipos de empresas de software libre:
7.1.Distribuidoras de software libre.
7.2.Que dan soporte, consultoría ou formación.
7.3.Que apoian o software libre.
7.4.Que venden accesorios de software libre.
8. Financiación:
8.1.Recursos iniciais necesarios.
8.2.Modelos de financiación.
8.3.Obter financiación.

Dúas novas titulacións TIC de Formación Profesional

[Leer esta noticia en español (traducción automática, enlaces inoperantes)]

O pasado 18 de xullo o Consello da Xunta de Galicia aprobou dúas novas titulacións de Formación Profesional, que agora por fin entran en vigor tras publicarse no Diario Oficial de Galicia:

O noticieiro Código Cero informa da nova.