A FIC (Facultade de Informática da Coruña) celebra do Venres 17 ó Martes 21 de Febreiro a terceira edición de FIC OnLan, unha alternativa tecnolóxica ao entroido. Trátase dunha Lan party, unha festa tecnolóxica na que o imprescindible unha boa rede local á cal os participantes conectan os seus aparatos electrónicos como computadores, tabletas ou teléfonos intelixentes; o fin é poder disfrutar de xogos en rede e compartir contidos. Ademais de iso tamén hai un programa de actividades, no que de momento só figura unha.
Torneos: TrackMania, UltraStar, Buzz, Munchkin.
Concursos: Diseño 2D, Diseño 3D, Vídeo, Fotografía, Sound Factory, Web Design
Conferencias: Superheroes realistas

Deixar un comentario
Feed dos comentarios para este artigo