O Cluster TIC Galicia é unha organización galega adicadas a agrupar empresas e asociacións empresariais e profesionais adicadas ás TIC, un fin ao que tamén adícanse outras organizacións como Agasol, Agestic, Eganet ou Ineo; a este paso vai facer falta unha organización para agrupar as organizacións agrupadoras.  No caso de Cluster TIC Galicia, trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que conta con máis de 50 entidades adheridas.

O Cluster TIC Galicia organiza a Primeira Xornada de Negocio e Networking, un evento que defínese como un punto de encontro entre profesionais, empresarios e emprendedores do sector TIC, cun obxectivo moi claro: coñecerse persoal e profesionalmente como primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio.  O evento celébrase no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 2012.  A inscrición custa 59 € e inclúe o almorzo.

A información está dispoñible no sitio web do Cluster TIC Galicia, aínda que custa un pouco atopala por estares agochados os menús despregables.  Infórmase dos seguintes desconto no prezo:

  • 10 € para os socios das entidades adheridas.
  • 20 € para socios do Cluster, onde socios é de supoñer que signifique directivos, dado cas persoas físicas non poden ser socias do Cluster.

O programa é o seguinte:

  • 9:45h.  Presentación da xornada
  • 10h.  Primeira rolda de encontros bis a bis
  • 12h.  Café
  • 12:30h.  Segunda rolda de encontros bis a bis
  • 14:30h. Almorzo

Os seguintes noticiarios informan da nova: