A Fundación Xeospacial de Fonte Aberta (Open Source Geospatial Foundation, OSGeo) adícase a promover o desenvolvemento de tecnoloxías xeospaciais abertas, para o que conta con dezanove capítulos locais.  Paradoxalmente, non están ben definidos xeoespacialmente nin a sede da fundación nin os capítulos locais.

Non está ben definida a sede desta ONG constituída orixinalmente no estado estadounidense de Delaware; hai seis meses localizábase en Vancouver (Canadá), pero actualmente no seu sitio web non se informa de localización algunha.

Non están ben definidos os seus capítulos territoriais; algúns defínense por territorio e outros por fala, solapándose entre eles.  Como mostra, está o Capítulo Local de la comunidad hispanohablante.  Por unha banda, é absurdo poñer o calificativo local a unha comunidade espallada polos cinco continentes; ¿porqué non o chaman Capítulo Local do Mundo Enteiro?  E por outra banda, non é certo que corresponda á comunidade hispanofalante, porque neste capítulo hai agrupacións que falan catalán e galego.  O que sucede e que este non é o capítulo da comunidade hispanofalante, é o capítulo de España.

En concreto, dentro deste capítulo, a agrupación de iniciativas que abrangue o territorio galego é Geoinquietos Zona Norte, tamén coñecida por Xeoinquedos.  Esta agrupación informa da realización dun taller titulado Taller de ikiMap, a celebrares na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Coruña o vindeiro venres día 13 a partires das 16 h.  O taller conta coa coa colaboración de Cartolab, o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da ETSECCP, e tamén da empresa Sixtema.  A descripción do taller é a seguinte:

Introducción a ikiMap:

  • Presentación de ikiMap. Resumen breve de la plataforma.
  • La evolución de ikiMap. Los orígenes y de la evolución a lo largo del tiempo.
  • ikiMap como plataforma, no como aplicación. El cambio de aplicación web a plataforma en torno a la que trabajar, compartir y colaborar por parte de la comunidad.
  • API de ikiMap. Descripción de la API
  • ikiMap Labs. Descripción.

Taller:

  • Reparto de keys de desarrollador.
  • Ejemplos: búsquedas, subidas de mapas, etc…

O noticieiro Código Cero informa da nova.