O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia acolle o día 14 de Marzo de 2012, de 9:30 a 13:30 h., o seminario Xestión e protección de incidentes de seguridade.  A asistencia é gratuíta previa inscrición no sitio web do CNTG ata o 13 de Marzo.  O seminario está impartido pola empresa NetxtVision a traveso do relator Andrés Tarascó Acuña, e o programa é o seguinte:

1. Introdución á problemática da seguridad da información.
2. Introdución ás Inxeccións SQL: Ataques e impacto en aplicacións corporativas
3. Ataques contra mecanismos de autenticación.
4. Mecanismos de defensa e monitorización:
5. Despregue de solucións Open Source de monitorización.
6. Centralización e correlación de eventos.
7. Definición de roles de seguridade nas organizacións

O noticieiro Código Cero informou da nova.

Antonio Bahamonde Rionda, catedrático da Universidade de Oviedo e presidente da Asociación Española para a Inteligencia Artificial, é o poñente do acto titulado Clasificadores multietiqueta, a celebrar no salón de graos da Facultade de Informática da Coruña o xoves 16 de febreiro de 2012, ás 12 h.

O GSIC, Grupo de Seguridade da Información da Coruña, con sede na Facultade de Informática da Coruña, anuncia a celebración un ano máis das xornadas GSIC, a celebrar na Facultade do xoves 23 ao sábado 25 de febreiro de 2012.  A asistencia é gratuita previa inscrición, e o adianto do programa de actos é o seguinte:

Charlas – Jueves

  • [09:30 - 10:20] Registro y presentación – GSIC y UDC
  • [10:30 - 11:20] Tecnologías de Seguridad en Switches – Miguel Valencia, Javier Novoa
  • [11:40 - 12:30] Playing the piano – Chema Alonso
  • [12:40 - 13:30] Infecciones web: [SQL|FTP|Cache] Injection – David barroso

Charlas – Viernes

  • [09:30 - 10:20] Controlando al maquinista. Forensics en entornos Virtualizados. – Pedro Sánchez
  • [10:30 - 11:20] Spaniards: Yes we can! – Diego Ferreiro
  • [11:40 - 12:30] Web mashups, widgets y addons. El futuro de la Internet es inseguro por naturaleza. – Caridy Patiño
  • [12:40 - 13:30] Hackeando el mundo 4.0 – Angel Prado

Charlas – Sábado

  • [09:30 - 10:20] FaceCat: Covert Channels over Social Networks – Jose Selvi
  • [10:30 - 11:20] El dilema del erizo, una visión alternativa – Alberto Partida
  • [11:40 - 12:30] Voip (In)security – Jose Luis Verdeguer, Jesus Rubio
  • [12:40 - 13:30] Malware en Android – Sebastian Guerrero

Workshops – Jueves

  • [16:00 - 21:00] Track (I) Análisis Forense – Pedro Sánchez
  • [16:00 - 21:00] Track (II) Advanced Web: Diseño de una aplicación ent-to-end from skratch – Caridy Patiño

Workshops – Viernes

  • [16:00 - 21:00] Track (I) Esteganografía 3.0 – Alfonso Muñoz
  • [16:00 - 21:00] Track (II) Web security – Diego Ferreiro, Angel Prado

Workshops – Sábado

  • [16:00 - 21:00] Track (I) Iniciación al Reversing – Roi Mallo, Sherab Giovaninni
  • [16:00 - 21:00] Track (II) Web security – Diego Ferreiro, Angel Prado

O noticieiro Código Cero informa das xornadas, pero coas datas e a ligazón web do ano anterior; semella que precisan de poñerse ao día.

Iniciador é un sitio da arañeira de amplitude mundial adicado á promoción de iniciativas, como Startup Weekend ou AppCircus, cos que ten en común a participación da organizadora María Encinar.  Rexistrado por 10Dencehispahard SL de Madrid, Iniciador defínese como una comunidad de emprendedores sin ánimo de lucro que tiene como objetivo fomentar y facilitar el “emprendizaje”.

Iniciador Galicia, a bitácora de Iniciador adicada a Galicia, organiza unha sesión con Antonio Ortiz o vindeiro 17 de Febreiro ás 19 h. na Coruña, a celebrar no Instituto de Formación Financiera y Empresarial no Pazo das Cadeas en San Pedro de Nós, Oleiros.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia acolle o día 1 de Marzo de 2012, de 16:30 a 19:30 h., o seminario Seguridade nas comunicacións utilizando redes VPN baseadas en IPsec.  A asistencia é gratuíta previa inscrición no sitio web do CNTG ata o 29 de Febreiro.

O sitio web do CNTG informa da xornada do seguinte xeito:

A xornada vai especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións NON especialista no eido de seguridade. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, enxeñeiros de software, técnicos de operación e mantemento, administradores de bases de datos, programadores etc..

Como valor engadido do seminario, aquelas persoas que asistan ao mesmo, o soliciten expresamente ao remate da charla e estean en posesión duns coñecementos técnicos mínimos poderán asistir a un obradoiro práctico, cun máximo de 15 asistentes e con equipamento CISCO, onde se traballarán os conceptos desenvolvidos na xornada.

O relator da xornada será Miguel Valencia, formador do grupo Academia Postal do programa Cisco Networking Academy, instrutor certificado CCAI, con experiencia na impartición de cursos CCNA e CCNP e colaborador habitual deste centro. Está en posesión das certificacións CCNA, CCDA, CCNP e LPIC-1.

O noticieiro Sector TIC Galicia informou da nova.

A FIC (Facultade de Informática da Coruña) celebra do Venres 17 ó Martes 21 de Febreiro a terceira edición de FIC OnLan, unha alternativa tecnolóxica ao entroido.  Trátase dunha Lan party, unha festa tecnolóxica na que o imprescindible unha boa rede local á cal os participantes conectan os seus aparatos electrónicos como computadores, tabletas ou teléfonos intelixentes; o fin é poder disfrutar de xogos en rede e compartir contidos.  Ademais de iso tamén hai un programa de actividades, no que de momento só figura unha.

Torneos: TrackMania, UltraStar, Buzz, Munchkin.

Concursos: Diseño 2D, Diseño 3D, Vídeo, Fotografía, Sound Factory, Web Design

Conferencias: Superheroes realistas

O Cluster TIC Galicia é unha organización galega adicadas a agrupar empresas e asociacións empresariais e profesionais adicadas ás TIC, un fin ao que tamén adícanse outras organizacións como Agasol, Agestic, Eganet ou Ineo; a este paso vai facer falta unha organización para agrupar as organizacións agrupadoras.  No caso de Cluster TIC Galicia, trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que conta con máis de 50 entidades adheridas.

O Cluster TIC Galicia organiza a Primeira Xornada de Negocio e Networking, un evento que defínese como un punto de encontro entre profesionais, empresarios e emprendedores do sector TIC, cun obxectivo moi claro: coñecerse persoal e profesionalmente como primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio.  O evento celébrase no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 2012.  A inscrición custa 59 € e inclúe o almorzo.

A información está dispoñible no sitio web do Cluster TIC Galicia, aínda que custa un pouco atopala por estares agochados os menús despregables.  Infórmase dos seguintes desconto no prezo:

  • 10 € para os socios das entidades adheridas.
  • 20 € para socios do Cluster, onde socios é de supoñer que signifique directivos, dado cas persoas físicas non poden ser socias do Cluster.

O programa é o seguinte:

  • 9:45h.  Presentación da xornada
  • 10h.  Primeira rolda de encontros bis a bis
  • 12h.  Café
  • 12:30h.  Segunda rolda de encontros bis a bis
  • 14:30h. Almorzo

Os seguintes noticiarios informan da nova:

Up to secure, a xira anual de xornadas adicadas á seguridade informática, percorre dez cidades españolas na súa edición de 2012: Barcelona, Zaragoza, Pamplona, Valladolid, Vigo, A Coruña, Valencia, Madrid, Sevilla e Tenerife.  Os galegos resultamos especialmente afortunados, sendo a única autonomía que recibe esta xira por dúas veces, os días 18 e 19 de xaneiro.

A xira, orientada a “Responsables de sistemas, administradores de tecnología, auditores de seguridad, IT Pros y responsables de seguridad”, está levada a cabo por un grupo de empresas que repártense o programa de actos entre todas, con Informática 64 como principal protagonista; esperemos que ninguén falte por avariárselle o coche, como sucedeulles o ano pasado aos conferenciantes de Telefónica.  Nestas xiras habitualmente manéxanse solucións informáticas baseadas en produtos de Microsoft; no ano pasado, incluso para falar de seguridade en Mac OS utilizouse una presentación lanzada dende un portátil con Windows NT.

O evento celébrase ao longo dunha mañá, sempre co mesmo programa de 9 a 14 h.  A inscrición é gratuíta a traveso de web, mediante conta Windows Live Id.  Os acontecementos en Galicia serán os seguintes:

Vigo: 18 de xaneiro.  Sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia, rúa Policarpo Sanz, 24-26.

A Coruña: 19 de xaneiro. Salón de Actos da Facultade de Informática, campus de Elviña.

O programa é o seguinte:

  • 09:00 – 09:30     Registro
  • 09:30 – 10:10     DLink Technologies.  Presentación de las tecnologías de DLink para la garantizar la seguridad en las empresas. Una charla presentada por INIBE, partner tecnológico de D-Link en Galicia.
  • 10:00 – 10:45     Seguridad, Mantenimiento y gestión de parches de seguridad en la nube.  En esta charla podrás ver una solución de monitorización pro-activa de sistemas y redes que facilita la vigilancia de servidores, estaciones, comunicaciones, hardware, software, e inventariado, integrada con herramientas automáticas de mantenimiento de servidor y estaciones de trabajo, soporte remoto integrado, integración con herramientas PSA, etc… Se verá en acción una demostración práctica de la solución GFI MAX RemoteManagement™.
  • 10:45 – 11:30     Soluciones de seguridad empresarial desde la nube. Nuevos retos: protección de terminales móviles.  La movilidad, usuarios itinerantes, smartphones, etc…, facilitan la vida empresarial, pero también son vectores de ataque utilizados por cibercriminales. ESET cuenta con diferentes capas tecnológicas diseñadas contra el cibercrimen que, teniendo como base la nube, protege todos los vectores de ataque, incluyendo a usuarios itinerantes y terminales móviles. En esta sesión podrás ver una demostración práctica de cómo implementar este tipo de servicios.
  • 11:30 – 12:00     Café
  • 12:00 – 12:45     Firma digital y biométrica en smartphones y tablets
    La firma de documentos electrónicos en los smartphones/tablets permiten implementar una estrategia para reducir el uso del papel en muchos procesos de negocio con trazabilidad, menores costes, mayor productividad y garantías legales. Se acabo ir a la oficina para firmar un documento o autorizar una transacción. Esta sesión será impartida por SmartAccess.
  • 12:45 – 13:30     Lo que será Windows 8.  En esta sesión podrás ver las novedades de Windows 8, Internet Explorer 10, lo nuevo en Windows Live, y la integración de todos los servicios en una única plataforma que te llevará de tu casa al trabajo pasando por la nube.
  • 13:30 -13:45     Preguntas y respuestas

A Fundación Xeospacial de Fonte Aberta (Open Source Geospatial Foundation, OSGeo) adícase a promover o desenvolvemento de tecnoloxías xeospaciais abertas, para o que conta con dezanove capítulos locais.  Paradoxalmente, non están ben definidos xeoespacialmente nin a sede da fundación nin os capítulos locais.

Non está ben definida a sede desta ONG constituída orixinalmente no estado estadounidense de Delaware; hai seis meses localizábase en Vancouver (Canadá), pero actualmente no seu sitio web non se informa de localización algunha.

Non están ben definidos os seus capítulos territoriais; algúns defínense por territorio e outros por fala, solapándose entre eles.  Como mostra, está o Capítulo Local de la comunidad hispanohablante.  Por unha banda, é absurdo poñer o calificativo local a unha comunidade espallada polos cinco continentes; ¿porqué non o chaman Capítulo Local do Mundo Enteiro?  E por outra banda, non é certo que corresponda á comunidade hispanofalante, porque neste capítulo hai agrupacións que falan catalán e galego.  O que sucede e que este non é o capítulo da comunidade hispanofalante, é o capítulo de España.

En concreto, dentro deste capítulo, a agrupación de iniciativas que abrangue o territorio galego é Geoinquietos Zona Norte, tamén coñecida por Xeoinquedos.  Esta agrupación informa da realización dun taller titulado Taller de ikiMap, a celebrares na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Coruña o vindeiro venres día 13 a partires das 16 h.  O taller conta coa coa colaboración de Cartolab, o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da ETSECCP, e tamén da empresa Sixtema.  A descripción do taller é a seguinte:

Introducción a ikiMap:

  • Presentación de ikiMap. Resumen breve de la plataforma.
  • La evolución de ikiMap. Los orígenes y de la evolución a lo largo del tiempo.
  • ikiMap como plataforma, no como aplicación. El cambio de aplicación web a plataforma en torno a la que trabajar, compartir y colaborar por parte de la comunidad.
  • API de ikiMap. Descripción de la API
  • ikiMap Labs. Descripción.

Taller:

  • Reparto de keys de desarrollador.
  • Ejemplos: búsquedas, subidas de mapas, etc…

O noticieiro Código Cero informa da nova.

Startup Weekend forma parte dunha categoría nova: eventos-franquicia impulsados dende a web.  En Galicia xa se celebrou un evento Startup Weekend en 2011, e acabamos de ter en Decembro de 2011 outro destes eventos, o App Circus.  A cousa funciona así: alguén crea un modelo de evento e pasa a ofrecer a súa fórmula, marca e sitio web a quen queira organizar unha edición do devandito evento en calquera parte do mundo, en calquera data, sempre que cumpra coas normas do evento.  No caso do App Circus trátase dunha empresa de Barcelona con ánimo de lucro, e no caso do Startup Weekend trátase dunha ONG homónima de Estados Unidos sen ánimo de lucro.  Ambos eventos son similares; na primeira preséntanse aplicacións para teléfonos móbiles e na segunda aplicacións para web ou teléfonos móbiles, e tanto nun caso coma no outro, un xurado as avalía.  A diferencia está en que en Startup Weekend, ademais de durar máis tempo, permite que se formen equipos arredor das aplicacións con desarrolladores, programadores, diseñadores e xente de mercadotecnia e negocio.  Todo un escaparate de propostas nas que participar ou investir.

Startup Weekend Galicia, con sitio web en español, está organizado por María Encinar (que xa participou na organización da doble xornada MobileCONGalicia + App Circus, só que daquela foi demasiado tímida para amosar o seu nome) e por Blanca del Hoyo.  O espazo de celebración é no Centro Ágora da Coruña, e o tempo é a partir das 18 horas do 24 de Febreiro de 2011.  Segundo o sitio web de Startup Weekend, o evento consiste en 54 horas para crear unha empresa (launch a startup), así que contando a partir das 6 da tarde do venres 24, temos… ata as 12 da noite do domingo 26.  No propio sitio ten que haber comida e bebida, así que non debería ser necesario saír do lugar para nada.  Nembragantes, no sitio web de Startup Weekend Galicia non se informa de nada sobor dos mentores, xurado e prezo de inscrición, a pesares de que as normas do evento o esixen; segundo o sitio web, o evento non está publicado aínda.  O anuncio fíxose demasiado cedo, ben porque escapóuselle á organización ou porque o noticieiro Código Cero deu coa primicia investigando.  O que non investigou moi ben Código Cero foi a identidade dos promotores de Startup Weekend Galicia, que segundo eles son a “plataforma de negocios Internet Business Booster”; respectuosamente indicámoslle a estes colegas que no sitio web oficial de Startup Weekend Galicia non se menciona a esta suposta “plataforma de negocios” para nada.

Segundo o sitio web, o programa é o seguinte:

Venres 24

  • 18.00: Llega la gente y momento quién es quién en SWGalicia.
  • 19.00: Comienzan los “pitches” – exposición de ideas y selección (si tienes una idea de producto la expones al grupo).
  • 20.00: Se forman los grupos. Generalmente alrededor de 6-8 equipos, cada uno con una idea. Comienzo del trabajo por equipos.
  • 21.30: Descanso para picar algo y seguir trabajando.

Sábado 25

  • 9.00: Desayuno y comienzo del trabajo. Visitas de mentor y charlas.
  • 14.30: Comida
  • 15.30: Seguimos trabajando!
  • 18.00: Invitado especial (inversor, sponsor, mentor, etc) que escucha los proyectos de los equipos y les aconseja sobre su desarrollo.
  • 21.00: Cena

Domingo 26

  • 9.00: Desayuno y comienzo del trabajo.
  • 12.00: Los equipos terminan sus prototipos y la presentación. Visitas de mentores y charlas de ponentes.
  • 14.30: Comida.
  • 15.30: Últimos retoques y listo para prensetar la idea.
  • 18.00: Presentación de los proyectos al jurado. Elección de los 3 mejores equipos. Entrega de premios.
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.